Sunday 28 de April de 2024

Convocadas as axudas para a escolarización para o curso 2022-2023


O Concello da Pobra do Caramiñal convoca as axudas para a escolarización destinadas a familias en condicións económicas e sociais desfavorables, contribuíndo a sufraga-los gastos de adquisición de material escolar e os gastos de comedor para o curso 2022-2023. O orzamento dedicado para estas achegas é de 11.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes vai dende o 4 ao 22 de xullo, inclusive. As solicitudes das subvencións subscribiranse polo pai, a nai ou a/o representante legal do/da menor e deberán ser entregadas con toda a documentación no rexistro do Concello.

Poderán ser beneficiarias tódalas persoas empadroadas no concello pobrense que durante o ano académico 2022-2023 cursen os estudos da educación infantil, da primaria e da secundaria obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos establecidos.

A convocatoria xa se atopa publicada na páxina web do Concello, onde tamén se detalla toda a información e documentación que se debe presentar.